O Deportivo ascende á Primeira División do fútbol feminino tras gañar este domingo 3-1 ao Cacereño.
Fálase
Un mosaico humano en Santiago amosou este domingo a solidariedade de Galicia con Palestina. [Imaxe: Mar de Lumes]
A Xunta anuncia unha viaxe de Rueda a Arxentina do 1 ao 4 de maio para manter encontros con empresas pesqueiras e reunirse coa emigración. Na imaxe, da Xunta, Rueda na súa primeira viaxe como presidente a Arxentina e Uruguai, en outubro de 2022.
Euskadi, cunha importante presenza da diáspora galega, celebra eleccións este domingo, das que daremos conta en Praza.gal.
BNG e PSdeG reclaman "prudencia" e "desculpas" á nova conselleira do Medio Rural tras afirmar que os incendios "intencionados" van "no ADN de Galicia". A deputada do Bloque Montse Valcárcel, secretaria de Monte e Industrias Forestais do "goberno alternativo" artellado polo Bloque, coida que a afirmación de María José Gómez -na imaxe- "non foi ben meditada" porque "insinúa que os galegos e as galegas somos persoas potencialmente pirómanas" e insta o PP a "aplicar o mesmo sentidiño que constantemente piden á poboación". A voceira de Política Forestal do PSdeG, Carmen Dacosta, esíxelle "rectificar de inmediato" e lamenta que as súas declaracións amosen que "cre que non paga a pena parar a considerar os conceptos de xestión forestal, prevención ou abandono do rural".
O maxistrado Luís Villares pide absterse de ser parte do tribunal que ten encomendado executar as sentenzas firmes que anularon o parque eólico de Sasdónigas, en Mondoñedo. Faino ao considerar que, "á vista dun observador externo, podería entenderse comprometida a súa imaxe de imparcialidade" porque, na súa etapa como deputado de En Marea -na imaxe-, se manifestou concretamente contra ese proxecto e deu apoio ao colectivo de afectados que reclamaban a súa paralización. Como maxistrado do TSXG non tivo intervención ningunha na anulación, avalada polo Supremo.
- AMPLIAMOS | O PP carga contra Luís Villares por un eólico anulado en firme polo Supremo no que nada interveu como xuíz
- HEMEROTECA | O Supremo ratifica en dúas sentenzas que a Xunta autorizou ilegalmente o parque eólico de Sasdónigas
- HEMEROTECA | O Tribunal Superior anula a aprobación, ocultada por Feijóo, dun parque eólico que afecta ao Camiño de Santiago
"Vai no ADN de Galicia", afirma a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, cuestionada polos medios de comunicación sobre os incendios rexistrados estes días en Galicia, que foron "probablemente intencionados", segundo dixo a nova responsable da Consellería. Os lumes "están evolucionando ben".
O xornalista Abel Tomé (Outes, 1984) gaña o Premio García Barros 2024 con “A noite do Oso”. O premio literario organizado polo Concello da Estrada en colaboración coa Editorial Galaxia está dotado con 9.000 euros. Tomé compaxina na actualidade a comunicación e o deseño cun máster en Dereitos Humanos. En 2018 publicou A noite do corvo, a súa primeira novela e en 2019 gañou con A noite do lobo o Premio Illa Nova de Narrativa.
Grande Amore gaña o Premio da Música Independente ao mellor álbum en galego co seu segundo traballo, II. O pasado xaneiro conversamos con Nuno Pico, líder da banda, en vésperas do lanzamento do disco. Ademais, Baiuca levou os premios á mellor gravación de electrónica, mellor produción musical e canción do ano por Diamante / La Mare, que gravou canda Alba Reche; e Xoel López foi distinguido como autor do mellor álbum pop por Caldo Espírito [Imaxe: Premios da Música Independente]
- ENTREVISTA | Nuno Pico: "Gústame expoñerme nas cancións e contar máis do que lle diría a unha persoa de normal"
- CRÍTICA MUSICAL | Grande Amore : II, por Noel Feáns
- ENTREVISTA | Baiuca: "Cada viaxe que fago axúdame a traballar con máis ganas para seguir cara a adiante coa miña música"
Está activo un incendio forestal dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, no concello de Entrimo (parroquia de Pereira), na fronteira con Portugal. Iniciouse ás 18.30 e nas últimas horas desta tarde queimara xa 2,5 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros.