O maxistrado Luís Villares pide absterse de ser parte do tribunal que ten encomendado executar as sentenzas firmes que anularon o parque eólico de Sasdónigas, en Mondoñedo. Faino ao considerar que, "á vista dun observador externo, podería entenderse comprometida a súa imaxe de imparcialidade" porque, na súa etapa como deputado de En Marea -na imaxe-, se manifestou concretamente contra ese proxecto e deu apoio ao colectivo de afectados que reclamaban a súa paralización. Como maxistrado do TSXG non tivo intervención ningunha na anulación, avalada polo Supremo.
- AMPLIAMOS | O PP carga contra Luís Villares por un eólico anulado en firme polo Supremo no que nada interveu como xuíz
- HEMEROTECA | O Supremo ratifica en dúas sentenzas que a Xunta autorizou ilegalmente o parque eólico de Sasdónigas
- HEMEROTECA | O Tribunal Superior anula a aprobación, ocultada por Feijóo, dun parque eólico que afecta ao Camiño de Santiago