Belén Regueira, nova decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A entidade profesional confirma a proclamación da única candidatura para a renovación da súa Xunta de Goberno, na que Sonia Vizoso, Marcos Sanluis e Francisco González Sarria -ata agora, decano- exercerán como vicedecanos. A nova Xunta de Goberno toma posesión o vindeiro maio. O CPXG é entidade de dereito público que representa o sector no noso país dende a súa creación por lei en 1999.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/og-image-9344cc7.png)