Ana Pontón propón a Rueda unha xuntanza para "fixar unha posición de país en defensa dos intereses de Galiza ante o Estado" en materia de competencias, condonación de débeda e financiamento. Ese encontro, di, debería celebrarse antes da Comisión Mixta de Transferencias Galicia-Estado, "que vai celebrarse grazas ao acordo de investidura do BNG" co PSOE. Deste xeito, coida a portavoz nacional do BNG, amosaría que non é "refén das estratexias de partido que lle marcan desde Madrid". Na imaxe, Pontón dá os parabéns a Rueda na súa toma de posesión como presidente, o pasado sábado.
