O DOG e o BOE publican o Real Decreto asinado polo Rei e Pedro Sánchez que nomea presidente da Xunta a Alfonso Rueda tras a súa elección este xoves polo Parlamento de Galicia.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/dog-5bb1c96.jpeg)
O DOG e o BOE publican o Real Decreto asinado polo Rei e Pedro Sánchez que nomea presidente da Xunta a Alfonso Rueda tras a súa elección este xoves polo Parlamento de Galicia.
Alfonso Rueda, elixido presidente da Xunta cos votos do PP, o "non" de BNG e PSdeG e a abstención de DO. O máis destacado da sesión de investidura, esta tarde en Praza.gal.
O Concello de Ferrol di que recúa e que seguirá publicando os seus contratos tamén en galego coa colaboración dos "servizos lingüísticos da Xunta". O goberno local do PP ferrolán afírmao horas despois da entrada en vigor da súa propia instrución na que impuña a redacción destes documentos unicamente en castelán aludindo a razóns de "axilidade".
Feijóo atribúe a Pedro Sánchez "listas negras de xornalistas" e dar "cartos públicos para que calle a propaganda" ao día seguinte de bloquear no Parlamento Europeo a denuncia de persoal da CRTVG por "manipulación informativa” e incumprimento da lei dos medios públicos galegos dende hai máis dunha década. O líder do PP e ex-presidente da Xunta afirmouno no transcurso da comparecencia do presidente do Goberno de España no Congreso.
Teresa Portela participará nos seus sétimos Xogos Olímpicos ao clasificarse para París 2024 en K-4 500 metros.
O vigués Diego Martínez Penas é o novo seleccionador galego na categoría absoluta do fútbol masculino. A Real Federación Galega de Fútbol presentou este mércores o técnico, que liderará ao combinado galego no seu regreso a unha cita internacional ante Panamá o vindeiro 31 de maio. Martínez Penas xogou nas categorías inferiores do RC Celta e iniciou a súa carreira profesional como adestrador en Granada, desde entón ten adestrado a multitude de equipos.
O Ministerio de Vivenda cifra en 58,5 millóns de euros os fondos achegados a Galicia para a construción de 1.217 vivendas públicas destinadas a alugueiro social con "edificios enerxeticamente eficientes" mediante 8 convenios coa Xunta. Son parte dos 994,6 millóns para case 25.000 vivendas en todo o Estado, financiados con fondos europeos. Este martes, no discurso de investidura, Rueda reiterou que o obxectivo do Goberno galego é que o "parque público" de vivenda pase de 3.800 a 8.000 nesta lexislatura. Na imaxe, edificios de vivendas no barrio coruñés de Novo Mesoiro.
A selección volve xogar oito anos despois: o combinado galego masculino absoluto de fútbol enfrontarase a Panamá o 31 de maio, segundo confirma a Federación Galega de Fútbol, que aínda non revela o estadio no que se celebrará o encontro, se ben todo apunta a Balaídos, nin a identidade do seleccionador. A Federación si adianta que no encontro a selección galega estará encabezada por Iago Aspas e Lucas Pérez. Na imaxe, once titular da Irmandiña fronte a Venezuela en Riazor en 2016. [© FGF]
Pedro Sánchez emprende unha xira internacional "para compartir a preocupación pola situación en Gaza e a necesidade de recoñecer Palestina como Estado". Así o vén de anunciar a ministra voceira, Pilar Alegría, tras o Consello celebrado este martes. Na imaxe, Sánchez visitando un campo de refuxiados palestinos da UNWRA en Xordania, o pasado 2 de abril [© Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa]
Falece o lehendakari José Antonio Ardanza aos 82 anos. Ardanza encabezou o Goberno Vasco polo PNV entre 1985 e 1999 e foi clave na formación jeltzale tras a súa escisión nos anos 80. Na fotografía, Ardanza nunha xuntanza oficial en 2011 [Imaxe: Goberno Vasco]