O Ministerio de Vivenda cifra en 58,5 millóns de euros os fondos achegados a Galicia para a construción de 1.217 vivendas públicas destinadas a alugueiro social con "edificios enerxeticamente eficientes" mediante 8 convenios coa Xunta. Son parte dos 994,6 millóns para case 25.000 vivendas en todo o Estado, financiados con fondos europeos. Este martes, no discurso de investidura, Rueda reiterou que o obxectivo do Goberno galego é que o "parque público" de vivenda pase de 3.800 a 8.000 nesta lexislatura. Na imaxe, edificios de vivendas no barrio coruñés de Novo Mesoiro.
- Na metade dos concellos sobre os que hai datos os alugueiros encareceron máis dun 15% en cinco anos
- As peticións de vivenda protexida á Xunta caen en 1.500 nun mes sen un só piso novo por caducidade das solicitudes
- A vivenda protexida remata outra lexislatura galega en mínimos malia ao impulso dos fondos da UE
- Os fondos UE que chegan a través do Estado permiten á Xunta disparar o orzamento de vivenda no ano electoral