Teresa Portela participará nos seus sétimos Xogos Olímpicos ao clasificarse para París 2024 en K-4 500 metros.
- HEMEROTECA (Toquio 2021) | Teresa Portela tórnase en lenda cunha prata nos seus sextos Xogos Olímpicos
Teresa Portela participará nos seus sétimos Xogos Olímpicos ao clasificarse para París 2024 en K-4 500 metros.
O vigués Diego Martínez Penas é o novo seleccionador galego na categoría absoluta do fútbol masculino. A Real Federación Galega de Fútbol presentou este mércores o técnico, que liderará ao combinado galego no seu regreso a unha cita internacional ante Panamá o vindeiro 31 de maio. Martínez Penas xogou nas categorías inferiores do RC Celta e iniciou a súa carreira profesional como adestrador en Granada, desde entón ten adestrado a multitude de equipos.
O Ministerio de Vivenda cifra en 58,5 millóns de euros os fondos achegados a Galicia para a construción de 1.217 vivendas públicas destinadas a alugueiro social con "edificios enerxeticamente eficientes" mediante 8 convenios coa Xunta. Son parte dos 994,6 millóns para case 25.000 vivendas en todo o Estado, financiados con fondos europeos. Este martes, no discurso de investidura, Rueda reiterou que o obxectivo do Goberno galego é que o "parque público" de vivenda pase de 3.800 a 8.000 nesta lexislatura. Na imaxe, edificios de vivendas no barrio coruñés de Novo Mesoiro.
A selección volve xogar oito anos despois: o combinado galego masculino absoluto de fútbol enfrontarase a Panamá o 31 de maio, segundo confirma a Federación Galega de Fútbol, que aínda non revela o estadio no que se celebrará o encontro, se ben todo apunta a Balaídos, nin a identidade do seleccionador. A Federación si adianta que no encontro a selección galega estará encabezada por Iago Aspas e Lucas Pérez. Na imaxe, once titular da Irmandiña fronte a Venezuela en Riazor en 2016. [© FGF]
Pedro Sánchez emprende unha xira internacional "para compartir a preocupación pola situación en Gaza e a necesidade de recoñecer Palestina como Estado". Así o vén de anunciar a ministra voceira, Pilar Alegría, tras o Consello celebrado este martes. Na imaxe, Sánchez visitando un campo de refuxiados palestinos da UNWRA en Xordania, o pasado 2 de abril [© Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa]
Falece o lehendakari José Antonio Ardanza aos 82 anos. Ardanza encabezou o Goberno Vasco polo PNV entre 1985 e 1999 e foi clave na formación jeltzale tras a súa escisión nos anos 80. Na fotografía, Ardanza nunha xuntanza oficial en 2011 [Imaxe: Goberno Vasco]
📩As nosas socias e socios veñen de recibir información sobre as nosas contas de 2023 e das súas desgravacións na declaración da Renda por seren de Praza
📊📈Velaquí un resumo das nosas contas
ℹ️Por exemplo, unha cota de 10€ ao mes pódeche quedar nun gasto real de 2€ ao mes
↪️Faite de Praza
Israel afirma ter retirado a maior parte das súas tropas terrestres do sur de Gaza despois de catro meses de ataques en Jan Yunis. Dende o mes de outubro o exército israelí asasinou 33.175 persoas en Gaza, segundo as autoridades palestinas, o 1,3% da poboación total fa franxa, nunha cifra validada pola ONU.
O Ministerio de Transportes aproba de maneira definitiva o anteproxecto do vial de conexión na Coruña entre a autovía AC-14 coa AP-9. O denominado vial 18, na Zapateira, ten unha loxitude de 2,1 quilómetros e licitouse cun orzamento de 25,3 millóns de euros. A conexión busca desconxestionar a entrada e saída da cidade por Alfonso Molina
A Ribeira Sacra volverá competir por ser Patrimonio da Humanidade en 2026. O Consello do Patrimonio Histórico, reunido este venres na illa da Palma, confirma que a candidatura galega volve á carreira para tentar ser Patrimonio Mundial tras a súa retirada en 2021, cando recibiu informes negativos dos dous comités asesores da Unesco, o Icomos no ámbito cultural e o UICN no eido natural. Desta volta, explican a Xunta e o Goberno de España, a candidatura preséntase como "Paisaxe Cultural da Auga", centrándose no "valor excepcional único" da "relación que se estableceu durante séculos entre unha paisaxe abrupta, esculpida pola auga, e os seus poboadores". Na imaxe [CC BY-NC-SA Praza.gal], unha vista do Miño na Ribeira Sacra dende o miradoiro do Cabo do Mundo, no Saviñao.