Feijóo atribúe a Pedro Sánchez "listas negras de xornalistas" e dar "cartos públicos para que calle a propaganda" ao día seguinte de bloquear no Parlamento Europeo a denuncia de persoal da CRTVG por "manipulación informativa” e incumprimento da lei dos medios públicos galegos dende hai máis dunha década. O líder do PP e ex-presidente da Xunta afirmouno no transcurso da comparecencia do presidente do Goberno de España no Congreso.
- O PP emprega as críticas ao bipartito como escudo para bloquear no Parlamento Europeo a denuncia de manipulación na CRTVG
- HEMEROTECA | 15 anos no cargo e 75 de idade: máis olladas sobre a posible remuda do blindado director da CRTVG
- HEMEROTECA | 300 'venres negros' contra a "manipulación" no apoxeo da "propaganda": "Arrastran o prestixio da CRTVG"
- HEMEROTECA | Feijóo critica a dirección "alegal" de RTVE malia que a CRTVG mantén a que a lei ordenou mudar hai doce anos