A pé, en bici e mesmo en kaiak fronte á celulosa Altri. Preto de 400 persoas camiñando, en bicicleta e en kaiak amosaron hoxe o seu rexeitamento á celulosa de Altri nunha actividade entre os concellos de Santiso e Agolada convocada pola Plataforma Ulloa Viva e o colectivo Santiso Vivo.
