Yolanda Díaz anuncia a retirada da Medalla ao Mérito do Traballo a Julio Fernández Gayoso, antigo presidente da desaparecida Caixanova, pola súa actuación no caso das indemnizacións millonarias de Novacaixagalicia, que o levou ao cárcere en 2017. A vicepresidenta e ministra de Traballo xustifica a decisión na necesidade de eliminar a "corruptos" deste recoñecemento, que Gayoso tiña dende 2006 Na imaxe, Gayoso no acto de presentación da fusión das caixas, organizado pola Xunta en 2010.
- HEMEROTECA | O PP deixa orfa a investigación das caixas unha década despois do seu inicio e tras anos de parálise
- HEMEROTECA | Dez anos da fin de Caixanova e Caixa Galicia que precipitou o seu rescate con 9.000 millóns públicos
- HEMEROTECA | Os señores das caixas galegas: de intocables a repudiados entre causas xudiciais
- HEMEROTECA | Gayoso sairá da cadea tras cumprir sete meses de condena