Talgo confirma a entrega "dos primeiros trens Avril" tras "a finalización da formación de maquinistas e as últimas probas de fiabilidade e rodaxe en vía". A entrega -de 10 unidades, segundo explicou o ministro de Transportes, Óscar Puente- prodúcese despois de diversas demoras por parte da empresa. Estes trens de ancho variable permitirán aos servizos de AVE coa Meseta continuar a marcha dende Ourense ata o resto de cidades galegas. Prevese que entren en servizo en maio [Imaxe: © Talgo]
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/gk-ci8hw0aa24c4-e9f399d.jpeg)