O PSdeG ve continuísmo no Executivo de Rueda sen “elementos para o optimismo”. Para a deputada socialista Elena Espinosa os cambios anunciados este domingo polo presidente da Xunta reviven “un pasado de mal recordo”. “Non atopamos moitos elementos para o optismismo vendo que continúan os principais nomeamentos de Feijóo”, indicou. “O que Rueda ten que cambiar realmente son as políticas e nós estaremos vixiantes para que se blinden os servizos públicos e que Galicia deixe de estar á cola de España”, engadiu Espinosa.
