Tal día coma hoxe de 1931 era proclamada a II República española. Recuperamos esta peza coa que, polo seu 90 aniversario, reconstruímos as primeiras horas daquela República en Galicia.
Fálase
A pé, en bici e mesmo en kaiak fronte á celulosa Altri. Preto de 400 persoas camiñando, en bicicleta e en kaiak amosaron hoxe o seu rexeitamento á celulosa de Altri nunha actividade entre os concellos de Santiso e Agolada convocada pola Plataforma Ulloa Viva e o colectivo Santiso Vivo.
Talgo confirma a entrega "dos primeiros trens Avril" tras "a finalización da formación de maquinistas e as últimas probas de fiabilidade e rodaxe en vía". A entrega -de 10 unidades, segundo explicou o ministro de Transportes, Óscar Puente- prodúcese despois de diversas demoras por parte da empresa. Estes trens de ancho variable permitirán aos servizos de AVE coa Meseta continuar a marcha dende Ourense ata o resto de cidades galegas. Prevese que entren en servizo en maio [Imaxe: © Talgo]
Yolanda Díaz anuncia a retirada da Medalla ao Mérito do Traballo a Julio Fernández Gayoso, antigo presidente da desaparecida Caixanova, pola súa actuación no caso das indemnizacións millonarias de Novacaixagalicia, que o levou ao cárcere en 2017. A vicepresidenta e ministra de Traballo xustifica a decisión na necesidade de eliminar a "corruptos" deste recoñecemento, que Gayoso tiña dende 2006 Na imaxe, Gayoso no acto de presentación da fusión das caixas, organizado pola Xunta en 2010.
- HEMEROTECA | O PP deixa orfa a investigación das caixas unha década despois do seu inicio e tras anos de parálise
- HEMEROTECA | Dez anos da fin de Caixanova e Caixa Galicia que precipitou o seu rescate con 9.000 millóns públicos
- HEMEROTECA | Os señores das caixas galegas: de intocables a repudiados entre causas xudiciais
- HEMEROTECA | Gayoso sairá da cadea tras cumprir sete meses de condena
O DOG e o BOE publican o Real Decreto asinado polo Rei e Pedro Sánchez que nomea presidente da Xunta a Alfonso Rueda tras a súa elección este xoves polo Parlamento de Galicia.
Alfonso Rueda, elixido presidente da Xunta cos votos do PP, o "non" de BNG e PSdeG e a abstención de DO. O máis destacado da sesión de investidura, esta tarde en Praza.gal.
- AMPLIAMOS 👉 Rueda, investido presidente para a lexislatura do récord do PP
- Pontón erixe o BNG en "goberno alternativo" e ofrece acordos en sanidade, vivenda, enerxía e "rexeneración democrática"
- Besteiro pide fuxir da confrontación política e ofrece a Rueda cinco pactos de país "pola Galicia que pode ser"
O Concello de Ferrol di que recúa e que seguirá publicando os seus contratos tamén en galego coa colaboración dos "servizos lingüísticos da Xunta". O goberno local do PP ferrolán afírmao horas despois da entrada en vigor da súa propia instrución na que impuña a redacción destes documentos unicamente en castelán aludindo a razóns de "axilidade".
Feijóo atribúe a Pedro Sánchez "listas negras de xornalistas" e dar "cartos públicos para que calle a propaganda" ao día seguinte de bloquear no Parlamento Europeo a denuncia de persoal da CRTVG por "manipulación informativa” e incumprimento da lei dos medios públicos galegos dende hai máis dunha década. O líder do PP e ex-presidente da Xunta afirmouno no transcurso da comparecencia do presidente do Goberno de España no Congreso.
- O PP emprega as críticas ao bipartito como escudo para bloquear no Parlamento Europeo a denuncia de manipulación na CRTVG
- HEMEROTECA | 15 anos no cargo e 75 de idade: máis olladas sobre a posible remuda do blindado director da CRTVG
- HEMEROTECA | 300 'venres negros' contra a "manipulación" no apoxeo da "propaganda": "Arrastran o prestixio da CRTVG"
- HEMEROTECA | Feijóo critica a dirección "alegal" de RTVE malia que a CRTVG mantén a que a lei ordenou mudar hai doce anos
Teresa Portela participará nos seus sétimos Xogos Olímpicos ao clasificarse para París 2024 en K-4 500 metros.
- HEMEROTECA (Toquio 2021) | Teresa Portela tórnase en lenda cunha prata nos seus sextos Xogos Olímpicos
O vigués Diego Martínez Penas é o novo seleccionador galego na categoría absoluta do fútbol masculino. A Real Federación Galega de Fútbol presentou este mércores o técnico, que liderará ao combinado galego no seu regreso a unha cita internacional ante Panamá o vindeiro 31 de maio. Martínez Penas xogou nas categorías inferiores do RC Celta e iniciou a súa carreira profesional como adestrador en Granada, desde entón ten adestrado a multitude de equipos.