“Está por ver se algo cambia na Xunta ou todo segue igual”, di o BNG. A deputada nacionalista Olalla Rodil subliñou este domingo que o máis importante nun goberno son as políticas, máis alá dos nomes das consellerías e consellerios. Rodil asegurou ver apenas unha “reorganización” no Executivo galego anunciado por Rueda. “Di o refrenairo popular: cambia as cousas para que todo siga igual” e está por ver “se o PP rectifica en áreas tan importantes como a Sanidade”, explicou.
