A xa ex-conselleira de Promoción do Emprego, Elena Rivo, renuncia seu escano como deputada do PP vinte e catro horas despois de ser excluída do Goberno, segundo puido confirmar Praza.gal. Rivo foi conselleira menos dun ano; estaba no posto dende xuño de 2023, cando Rueda a elixiu no marco da crise de goberno provocada por Feijóo para compoñer as candidaturas do PP nas eleccións xerais. [Imaxe: CC BY-SA Xunta]
