Os Consellos da Xunta, a reunión semanal do Goberno galego que tradicionalmente viña celebrándose de xeito ordinario os xoves, pasarán aos luns, segundo vén de avanzar Europa Press. A medida busca que esa reunión "marque o ritmo político" da semana, segundo fontes citadas pola axencia informativa. Así, o Consello pasará a celebrarse un día antes que o Consejo de Ministros dos martes, reunión que antes se celebraba os venres e cuxa mudanza foi criticada polo PP estatal.
