BNG e PSdeG reclaman "prudencia" e "desculpas" á nova conselleira do Medio Rural tras afirmar que os incendios "intencionados" van "no ADN de Galicia". A deputada do Bloque Montse Valcárcel, secretaria de Monte e Industrias Forestais do "goberno alternativo" artellado polo Bloque, coida que a afirmación de María José Gómez -na imaxe- "non foi ben meditada" porque "insinúa que os galegos e as galegas somos persoas potencialmente pirómanas" e insta o PP a "aplicar o mesmo sentidiño que constantemente piden á poboación". A voceira de Política Forestal do PSdeG, Carmen Dacosta, esíxelle "rectificar de inmediato" e lamenta que as súas declaracións amosen que "cre que non paga a pena parar a considerar os conceptos de xestión forestal, prevención ou abandono do rural".
Fálase
O maxistrado Luís Villares pide absterse de ser parte do tribunal que ten encomendado executar as sentenzas firmes que anularon o parque eólico de Sasdónigas, en Mondoñedo. Faino ao considerar que, "á vista dun observador externo, podería entenderse comprometida a súa imaxe de imparcialidade" porque, na súa etapa como deputado de En Marea -na imaxe-, se manifestou concretamente contra ese proxecto e deu apoio ao colectivo de afectados que reclamaban a súa paralización. Como maxistrado do TSXG non tivo intervención ningunha na anulación, avalada polo Supremo.
- AMPLIAMOS | O PP carga contra Luís Villares por un eólico anulado en firme polo Supremo no que nada interveu como xuíz
- HEMEROTECA | O Supremo ratifica en dúas sentenzas que a Xunta autorizou ilegalmente o parque eólico de Sasdónigas
- HEMEROTECA | O Tribunal Superior anula a aprobación, ocultada por Feijóo, dun parque eólico que afecta ao Camiño de Santiago
"Vai no ADN de Galicia", afirma a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, cuestionada polos medios de comunicación sobre os incendios rexistrados estes días en Galicia, que foron "probablemente intencionados", segundo dixo a nova responsable da Consellería. Os lumes "están evolucionando ben".
O xornalista Abel Tomé (Outes, 1984) gaña o Premio García Barros 2024 con “A noite do Oso”. O premio literario organizado polo Concello da Estrada en colaboración coa Editorial Galaxia está dotado con 9.000 euros. Tomé compaxina na actualidade a comunicación e o deseño cun máster en Dereitos Humanos. En 2018 publicou A noite do corvo, a súa primeira novela e en 2019 gañou con A noite do lobo o Premio Illa Nova de Narrativa.
Grande Amore gaña o Premio da Música Independente ao mellor álbum en galego co seu segundo traballo, II. O pasado xaneiro conversamos con Nuno Pico, líder da banda, en vésperas do lanzamento do disco. Ademais, Baiuca levou os premios á mellor gravación de electrónica, mellor produción musical e canción do ano por Diamante / La Mare, que gravou canda Alba Reche; e Xoel López foi distinguido como autor do mellor álbum pop por Caldo Espírito [Imaxe: Premios da Música Independente]
- ENTREVISTA | Nuno Pico: "Gústame expoñerme nas cancións e contar máis do que lle diría a unha persoa de normal"
- CRÍTICA MUSICAL | Grande Amore : II, por Noel Feáns
- ENTREVISTA | Baiuca: "Cada viaxe que fago axúdame a traballar con máis ganas para seguir cara a adiante coa miña música"
Está activo un incendio forestal dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, no concello de Entrimo (parroquia de Pereira), na fronteira con Portugal. Iniciouse ás 18.30 e nas últimas horas desta tarde queimara xa 2,5 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros.
O Tribunal da Relação de Lisboa reduce a "meras especulações" as sospeitas de corrupción polas que dimitiu o ex-primeiro ministro socialista António Costa. Na súa resolución sobre os recursos que formularon as partes da coñecida como Operação Influencer, este tribunal de segunda instancia non ve indicios de tráfico de influencias e insta a non "confundir um facto, enquanto acontecimento histórico, com o teor de escutas ou mesmo com notícias de jornais", segundo informa a RTP. Tras a dimisión de Costa, o presidente portugués convocou as eleccións que finalizaron con vitoria da dereita e co conservador Luís Montenegro como primeiro ministro.
Os Consellos da Xunta, a reunión semanal do Goberno galego que tradicionalmente viña celebrándose de xeito ordinario os xoves, pasarán aos luns, segundo vén de avanzar Europa Press. A medida busca que esa reunión "marque o ritmo político" da semana, segundo fontes citadas pola axencia informativa. Así, o Consello pasará a celebrarse un día antes que o Consejo de Ministros dos martes, reunión que antes se celebraba os venres e cuxa mudanza foi criticada polo PP estatal.
Renfe inicia a venda este xoves dos billetes para os novos trens Avril que comezarán a circular entre Galicia e a Meseta o 21 de maio. Os trens, de ancho variable, reducirán novamente os tempos de viaxe da maioría das cidades galegas, pero haberá que agardar uns meses para que aumente notablemente a oferta de horarios e prazas debido ás obras que se están a executar na estación madrileña de Chamartín e que condicionan os servizos con todo o noroeste peninsular. [Imaxe: Talgo]
- AMPLIAMOS | A chegada dos Avril deixa en 8 os trens diarios de alta velocidade coa Meseta á espera de máis melloras tras a ampliación de Chamartín
- HEMEROTECA | Renfe prevé sancionar a Talgo por non entregar os trens que estenderán máis a alta velocidade por Galicia e o PP culpa a Sánchez
- HEMEROTECA | A inauguración do AVE coa Meseta pon fin a 20 anos de debate sobre os prazos da infraestrutura e deita o foco nos servizos
A compañía TAQA, propiedade estatal dos Emiratos Árabes, lánzase á compra de Naturgy, resultante da adquisición da antiga Unión Fenosa por Gas Natural. A empresa de Abu Dhabi confirmou negociacións coas actuais propietarios da empresa española, que se saíse adiante tería que concretarse mediante unha OPA polo 100% das accións. Polo momento, di, "non houbo ningún achegamento" directo a Naturgy. A CNMV suspendeu cautelarmente este mércores a cotización da enerxética ao fío destes movementos e permitiu retomala contra as 11h30 da mañá.
- HEMEROTECA | Endesa, Ence, Naturgy ou Blackstone poderán optar ao Fondo de Transición Xusta tras pasar o primeiro filtro da Xunta
- HEMEROTECA | O traslado da atención telefónica de Naturgy a Colombia pon en risco un cento de empregos na Coruña
- HEMEROTECA | A fin das marcas Fenosa e Pastor dilúe o derradeiro vestixio galego do imperio empresarial de Barrié