Ferrol
A "esquirolaxe" de Lidl en Narón sáelle dez veces máis cara: o TSXG eleva a indemnización a 76 folguistas
A empresa boicoteou unha folga en 2023 no seu centro de distribución de Narón e foi condenada a pagar 50.000 euros a todos os folguistas, pero agora a sentenza é corrixida e a indemnización pode superar o medio millón de euros
Máis acoso sexual na Armada en Ferrol, agora dun alumno a seis compañeiras
Unha condena por conformidade constata que un alumno en transición de muller a home atentou á dignidade de compañeiras por entrar no baño cando se duchaban ou dicirlles "aí van as tetas máis bonitas" ou "todas as mulleres son unhas porcas"
O Chanfaina volve a San Sadurniño coas escolas da emigración como protagonistas
A localidade acolle esta fin de semana a undécima edición da iniciativa de creación e encontro arredor do audiovisual. Máis de vinte cineastas e colectivos gravarán entre o venres e o domingo candansúa curtametraxe, que se poderán ver nuns meses. As escolas da emigración da parroquia de Ferreira están presentes a través do cartel do evento e tamén dunha exposición.
Na procura de 197 asasinados polo franquismo no cemiterio ferrolán de Serantes
O gran número de vítimas soterradas aquí converten o lugar nun dos máis importantes da represión en Galicia. Este luns deu comezo unha cata arqueolóxica coordinada polo grupo de investigación Histagra da USC. Os traballos desenvolveranse ata o vindeiro 11 de setembro.
Un 'antitributo' ao Marqués de Amboage pola relación da súa familia co tráfico de escravos
Este domingo 30 de agosto ás 12 horas o Colectivo Decolonial de Ferrol organiza un Antitributo ao Marqués de Amboaxe co obxectivo de lembrar as vítimas da escravitude e o colonialismo. Investigacións realizadas nos últimos anos polo historiador económico Luís Alonso Álvarez e outros autores documentaron a relación da familia Plá co tráfico de persoas escravizadas, unha actividade que estaría na base do seu capital acumulado.
A conexión de Miles Davis coa tradición oral galega e a eclipse de Sol, protagonistas do festival Jazz de Ría
O festival que se espalla pola Costa Ártabra celebra o seu décimo aniversario cunha xornada inaugural dedicada ao esclipse solar e acollerá a estrea do Ensemble 100xMILES, unha formación de destacados músicos de jazz galegos creada expresamente para celebrar o centenario de Miles Davis
A xustiza recoñece accidente laboral o acoso que sufriu unha limpadora do grupo ACS nunha sede da Xunta
Ante o acoso laboral e sexual dun compañeiro a muller non logrou que a empresa actuase ata que denunciou o caso á policía e despois viu como a baixa por ansiedade que lle deron era considerada enfermidade común, o que agora corrixe o TSXG
Indra anuncia unha planta de vehículos militares nas Pontes
A empresa de participación estatal avanza un investimento de 18 millóns de euros e "entre 70 e 120 empregos directos de alta cualificación"
SAIC con C de Castedo
Xulio Ríos
A Xunta recibe a SAIC ofrecendo "todo o posible" para que transforme "o futuro industrial de Galicia"
Nun acto solemne de recepción oficial, o vicepresidente da multinacional chinesa promete un futuro de "prosperidade" e unha "filosofía de desenvolvemento local" para contar con empresas e persoal galego no seu proxecto industrial en Ferrolterra.
As cifras de SAIC en Ferrol: 1.500 empregos na construción e 2.000 en funcionamento, dende o 2031
A factoría, que podería montar uns 120.000 turismos cada ano, realizará a "ensamblaxe completa" dos coches, con compoñentes que chegarán ao Porto Exterior, dende onde se distribuirán a toda Europa os vehículos rematados. Cando a planta estea en marcha, prevese crear mil postos de traballo directos e outros mil de tipo indirecto. A empresa destaca que o proxecto representa "unha aposta estratéxica polo desenvolvemento de capacidades industriais no sector da automoción en Galicia