Marcial Dorado reitera que a súa amizade con Feijóo durou dende que dirixía o Sergas ata 2002, cando levaba seis anos como alto cargo do Goberno Aznar. Nunha entrevista con El Confidencial nega ser narcotraficante, mantén que recorrerá a súa condena ao respecto e asegura que cargos do PSOE e do PP lle ofreceron cartos ou vantaxes para revelar datos sobre os seus vencellos co ex-presidente da Xunta en vésperas das eleccións xerais de 2023. Na imaxe, recorte da capa de El País en 2013, cando o xornal publicou varias fotografías tomadas durante actividades de lecer compartidas por ambos.
- +INFO 👉 Marcial Dorado reitera: amizade con Feijóo mentres dirixía o Sergas que seguiu cando era alto cargo de Aznar
- HEMEROTECA | Dez anos da revelación da amizade de Feijóo e Marcial Dorado: non foron só unhas fotos
- HEMEROTECA | Feijóo oculta cal dos delegados do Goberno o avisou das fotos de Dorado e di que “un partido” o ameazou con elas
- HEMEROTECA | Feijóo non dimite polas fotos co narco e declárase vítima dun plan para "amedrentalo"
