Chegan a Santiago os sobreviventes do Villa de Pitanxo no avión militar enviado polo Estado, no que tamén foron trasladados cinco dos nove mariñeiros falecidos cuxos corpos foron recuperados. Foron recibidos ao pé da pista do aeródromo militar por Pedro Sánchez e mais por Alberto Núñez Feijóo. Familiares dos desaparecidos reiteraron a ambos presidentes a reclamación de que reiteren a Canadá a necesidade de seguir buscando os doce desaparecidos. [Foto: © Goberno de España]
Fálase
O actual presidente do PP, Pablo Casado, convoca unha reunión da Junta Directiva Nacional da formación para o vindeiro luns, 28 de febreiro. Unha decisión adoptada na tarde deste luns por unanimidade no comité de dirección 'popular', que estivo reunido preto de oito horas. A Junta Directiva Nacional é o máximo órgano do PP entre congresos e ten a potestade para convocar un congreso extraordinario do partido. [Na imaxe, Feijóo nun mitin en Valladolid con Casado e Ayuso © PP]
Margarita Ledo, Premio de Honra da Academia Galega do Audiovisual. A cineasta, xornalista e investigadora lucense recollerá o Premio de Honra Fernando Rey na gala dos XX Premios Mestre Mateo, que se celebrará o vindeiro sábado 19 de marzo en Expocoruña.
A Conferencia Episcopal encarga a un bufete de avogados próximos ao Opus unha "auditoría independente" sobre "as denuncias de abusos sexuais no seo da Igrexa católica española". Está a contalo Religión Digital. Na imaxe (© Fernando Calvo / Pool Moncloa), Pedro Sánchez e o presidente da CCE, Juan José Omella, o pasado xaneiro nunha xuntanza na que este foi un dos asuntos tratados.
Os equipos galegos da liga de fútbol veterano poden ser mixtos dende esta fin de semana. As Nosas explica o que implica esta mudanza aprobada pola Federación Galega de Fútbol. Na imaxe [© Futgal], o Penouqueira, campión da liga de Veteranos 2017-18
Unha concorrida concentración convocada en Marín por familiares dos mariñeiros do Villa de Pitanxo reclama retomar a busca dos corpos dos 12 desaparecidos. A mobilización foi secundada tamén por alcaldes e edís de concellos da contorna e representantes políticos como o voceiro parlamentario do PP, Pedro Puy, ou a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón Recólleo Pontevedra Viva. Imaxe da TVG.
Chegan ao porto de Saint John, en Terranova, os tres sobreviventes do naufraxio do Villa de Pitanxo. Foron trasladados polo pesqueiro galego Playa Menduíña 2, que tamén chegou a terra 7 dos corpos dos tripulantes falecidos, segundo confirma o Goberno de España. O Estado ten previsto enviar mañá, domingo, un avión militar para a repatriación.
A Xunta reitera cun recurso no Constitucional a súa esixencia de que as concesións privadas de terreos públicos no litoral poidan durar máis de 75 anos. O Consello do Goberno galego aprobou recorrer o precepto ao respecto da lei estatal do cambio climático, a cal ratificou na súa redacción final que non revogará concesións costeiras en vigor. O gabinete de Feijóo defende que "pon en risco a viabilidade das empresas que deseñaron os seus plans empresariais" contando con poderen ter prórrogas alén dos 75 anos.
O Río Breogán perde nos cuartos de final da Copa do Rei da ACB ante o Real Madrid por 73-67 nun encontro no que o conxunto lucense, malia ao lastre do mal primeiro cuarto, mantivo opcións de vitoria ata apenas tres minutos do remate, cando se achegaron a dous puntos (64-62) do rival. O encontro principiou cun minuto de silencio na memoria das vítimas do naufraxio do Villa de Pitanxo. [Imaxe: © CB Breogán]
O PSdeG cuestiona o director xeral da CRTVG sobre o "veto á obra de Anxo Lugilde sobre saúde mental", A vella compañeira, nos medios públicos. Sánchez Izquierdo mantén que se debe unicamente a "criterios profesionais", mentres que a deputada socialista Noelia Otero, xornalista de profesión, ve "cando menos curioso" que a obra "non teña eco" nos medios públicos galegos dada a súa "repercusión en medios do conxunto do Estado". O responsable da corporación pública retruca que diversos autores que si aparecen na Televisión de Galicia e na Radio Galega non o fan noutros medios.
- HEMEROTECA | Anxo Lugilde: "A depresión é unha enfermidade totalitaria e con vocación asasina, domínate e tenta conducirte á morte"