Este venres chega ás salas de cinema O corpo aberto, a primeira longametraxe de ficción de Ángeles Huerta. É un dos poucos filmes de terror da cinematografía galega, baseado no relato Lobosandaus de Arraianos, de Xosé Luís Méndez Ferrín, e con Tamar Novás, Victória Guerra e María Vázquez en papeis protagonistas. Nesta entrevista falamos coa súa directora e en VINTE, sabemos máis da película da man de María Yáñez.
