Vox anuncia a presentación dunha segunda moción de censura contra o Goberno do PSOE e Unidas Podemos. A formación de extrema dereita presentara a primeira en 2020 e acabou sendo a menos apoiada de todas as formuladas dende a Constitución de 1978 con 298 votos en contra e só 52 a prol, os do propio partido que formulou. Daquela o PP aínda estaba liderado por Pablo Casado e agora, din, buscan "retratar" a todos os membros do Congreso, cos que anuncian "conversas" para buscar un "candidato neutral" para a operación, que non contará con votos dabondo para saír adiante [Imaxe: ©Congreso]
