Veciñanza de Corrubedo (Ribeira) volveuse manifestar este xoves para reclamar a cobertura a tempo completo da praza médica do centro de saúde da parroquia. A mobilización veciñal, co impulso da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, contou co apoio de forzas políticas coma o BNG, que durante a manifestación subliñou que "en Corrubedo falta médico" e na capitalidade do concello, Ribeira, "faltan 7 profesionais dos 14 que debería ter o centro de saúde".
