Donald Trump anuncia a través dunha mensaxe nas redes sociais unha pausa de 90 días na maioría dos aranceis elevados nos últimos días. Tan só China ficaría fóra desta medida, cuns aranceis, ademais, aumentados ata o 125%.

Donald Trump anuncia a través dunha mensaxe nas redes sociais unha pausa de 90 días na maioría dos aranceis elevados nos últimos días. Tan só China ficaría fóra desta medida, cuns aranceis, ademais, aumentados ata o 125%.
Os descontos da AP-53 entran en vigor mañá, xoves 10. O Boletín Oficial do Estado publica o Real Decreto que fai oficiais as bonificacións na autoestrada que une Santiago e Dozón, as primeiras na historia desta vía, semellantes ás que xa rexen na AP-9 como a gratuidade nas viaxes de volta no mesmo día ou un 50% adicional a quen faga 20 desprazamentos ao mes. É unha medida pactada entre o PSOE e o BNG para a investidura de Pedro Sánchez [Imaxe: © Ministerio de Transportes]
O Consello de Ministros dá luz verde ao plan de 14.000 millóns para minorar o impacto dos aranceis de Trump. O Goberno de España cualifica o plan de "primeira rede de protección" e "escudo" para "protexer empresas e traballadores".
A UE lanza o seu primeiro paquete de aranceis como resposta aos impostos polos EUA, por valor de 20.000 millóns. Ao tempo, as autoridades comunitarias ofrecen a Trump unha eliminación recíproca de aranceis para bens industriais. Na imaxe, a xuntanza de ministras e ministros de Economía e Comercio da UE, este luns en Luxemburgo [© Consello Europeo]
O persoal de Sargadelos poderá volver aos seus postos de traballo, despois de que a dirección da empresa chegase a un acordo coa Consellaría de Emprego que inclúe un compromiso para realizar "un estudo das posibles melloras na protección dos traballadores".
Teresa Portela renuncia á competición por diferenzas coa Federación Española de Piragüismo. A padexeira galega, participante nos últimos sete Xogos Olímpicos, entende que foi tratada con desprezo ao situar o centro de operacións en Sevilla e non facilitar as mínimas condicións de adestramento necesarias.
📺VÍDEO | A campaña pola normalización do topónimo do Deportivo chegou este domingo a Riazor, onde a iniciativa 'Aquí tamén se fala' repartiu 15.000 adhesivos co lema "O Dépor é da Coruña".
A cidade de Ourense rexistrou a temperatura máis alta de todo Estado durante o mes de marzo, con 30,3 graos o día 31. Así o vén de confirmar Aemet no seu boletín de datos extremos do mes que vén de rematar.
Correos secretos do CNI implican a Mariano Rajoy, o goberno de Andorra e os Estados Unidos na operación Catalunya contra o independentismo, segundo conta RAC1, que xa desvelara a implicación de María Dolores de Cospedal na mesma operación.
Asasinato machista no Bolo. Un home é detido pola Garda Civil tras matar a súa esposa, de 76 anos, cunha arma branca. O Instituto Armado investiga os feitos mentres o Goberno galego dá por feito que se trata dun crime de violencia de xénero.