O Frente Amplio volve ao Goberno no Uruguai con Yamandú Orsi á fronte. O candidato da esquerda imponse na segunda volta electoral co 49,8% dos votos, segundo o escrutinio xa finalizado. "Volverá a alegría para a maioría" di a formación do novo presidente, quen se compromete a ser "o presidente do crecemento nacional, dun país que avance". [Imaxe: Frente Amplio]
- HEMEROTECA | Uruguai: A década da Fronte Ampla (2005-2015)