ENQUISAS | Abel Caballero e Inés Rey continuarían nas alcaldías de Vigo e da Coruña tras as eleccións do 28M. Senllas enquisas de Sigma Dos para El Mundo apuntan a que Caballero reeditaría unha nova ampla maioría absoluta para o PSdeG, mantendo os 20 edís e volvendo rozar o 70% dos votos, como en 2019, e indican que na Coruña o PP medraría a costa de Ciudadanos ata chegar a 12 edís, pero o PSdeG podería manter a alcaldía revalidando os 9 edís de 2019 se contase na investidura cos 3 que o inquérito dá ao BNG (ten 2) e cando menos con 2 da Marea Atlántica (tivo 6 hai catro anos) nunha corporación na que UP tería 1 edil. Na imaxe, Rey e Caballero durante unha xuntanza en Vigo en 2021.
