O mozo que atacou a Rajoy en 2015, condenado a cinco anos de prisión por "acceder á redacción de La Voz de Galicia" en Pontevedra e "tentar matar un xornalista" en xullo de 2023. A Audiencia Provincial pontevedresa considérao autor dun delito de asasinato en grao de tentativa, doutro de datos e dun máis de resistencia á autoridade. O tribunal aplica unha "eximente incompleta de alteración psíquica e atenuante de reparación do dano" e imponlle un "psiquiátrico adecuado aos seus padecementos en réxime pechado por un período que non poderá baixar de dous anos nin exceder de cinco e que deberá cumprirse antes que a pena de prisión imposta".
