O Bloque Nacionalista Galego celebra os seus 40 anos no lugar da súa fundación, o frontón de Riazor. Están presentes a dirección nacional do partido, responsables políticos e militancia, xunto a moitas das persoas que protagonizaron aquela histórica xornada do 25 de setembro de 1982. O portavoz municipal do BNG no Concello da Coruña, Francisco Jorquera, deu a benvida a un acto no que intervirán militantes ao longo destes anos e que concluirá coa intervención da portavoz nacional, Ana Pontón.
