O PP di que os usuarios valoraron cun 7 a puntualidade dos buses no último ano, o que supón un empeoramento a respecto do 7,5 que publicitou a Xunta hai un ano. O portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro, defende a calidade do servizo en función das “máis de mil enquisas que se realizaron ao longo do último ano”, mentres que en xuño do pasado ano a propia Xunta divulgara resultados mellores con 13.000 enquisas.
