As dúas proposicións aprobadas polo pleno do Parlamento desta semana son, coma o 80% no que vai de ano, peticións ao Goberno de España. Ambas formuladas polo PP, reclaman o desbloqueo do traspaso da AP-9 e reformar a lexislación estatal en materia de refugallos. As presentadas por BNG (que reclamaban á Xunta máis prazas para o mestrado universitario de profesorado e unha "estratexia galega de adquisición pública de vivenda) e PSdeG (a prol de "políticas de xestión forestal adaptadas ao cambio climático" e sobre accións para "favorecer a remuda xeracional" nas explotacións agrogandeiras) foron rexeitadas.