Numerosas mobilizacións en Galicia apoian a saída da Flotilla solidaria con Gaza. Diversas localidades galegas están a celebrar, entre o 11 e o 13 de abril, accións de apoio pola partida da Global Sumud Flotilla. 100 barcos con centos de participantes procedentes de máis de 100 países navegarán coa finalidade de chegar a Gaza, romper o bloqueo ilegal e garantir a axuda vital á poboación civil mediante a apertura dun corredor humanitario, segundo informa Global Sumud Galiza.
[Foto BNG: concentración en Vigo]