Familias do IES Brión alertan de “graves problemas” de altas temperaturas dentro das aulas. A ANPA Pedra Viada explica que hai tempo que puxo en coñecemento da Consellería de Educación e do Concello de Brión o asunto pero seguen sen tomarse medidas. “Cando chamemos dende Urxencias mentres acompañamos a un dos alumnos que teña sofrido un problema de saúde como consecuencia da calor, haberá alguén que descolgue o teléfono e ofreza unha solución?”, cuestionan desde a ANPA.
[Foto: arquivo]