Unha "masa de aire frío polar marítimo" provocará descensos de temperaturas superiores aos 10 graos en Galicia entre hoxe e mañá, sábado. Explica MeteoGalicia que "un corredor de vento do noroeste" traerá consigo esa caída térmica, algunha chuvia feble o sábado e máis frío e precipitacións para o domingo. A predición completa, nesta ligazón. [Imaxe: MeteoGalicia]