A Audiencia da Coruña confirma a falta de indicios para procesar o ex-conselleiro do Mar por agresión sexual. O Tribunal avala a instrución "ampla e minuciosa" realizada por unha xuíza de Ferrol que non atopou probas.
A Audiencia da Coruña confirma a falta de indicios para procesar o ex-conselleiro do Mar por agresión sexual. O Tribunal avala a instrución "ampla e minuciosa" realizada por unha xuíza de Ferrol que non atopou probas.
Falece Olga López Racamonde, concelleira de Cohesión Social do Concello de Lugo, por mor do cancro que padecía. O de Racamonde é o terceiro pasamento no grupo do PSdeG e no goberno lucense no que vai de mandato, tras as mortes da alcaldesa Paula Alvarellos e do edil Pablo Permuy. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, despídea lembrándoa como "matrona, profesora, concelleira. Coidou de todos ata que o corpo xa non a deixou".
Un incendio forestal en Ponteareas con risco para vivendas obriga a mobilizar varios medios terrestres e aéreos e supera xa as 20 hectáreas. As altas temperaturas que sofre hoxe Galicia facilitaron a expansión das lapas, que se iniciaron na parroquia de Ribadetea. Outro incendio en Carballo queimou tamén máis de 20 hectáreas, segundo informa Medio Rural.
"O 50% do desconto en combustibles dos galegos nestas vacacións foron asumidos con axudas da Xunta, non do Estado", di Rueda, que lembra que as bonificacións estatais reduciron os ingresos por impostos da Xunta. O presidente responde así ás peticións de sectores do agro ou da pesca que reclaman axudas directas ao combustible profesional.
Rueda desbota sumar Galicia á xeira de adiantos electorais autonómicos promovida polo PP estatal de Feijóo. No ecuador da lexislatura, o presidente da Xunta di que no debate de política xeral desta semana prevé anunciar novas medidas políticas para o que queda de mandato e para iso precisa tempo para podelas aplicar. "A miña intención é ter moito tempo por diante para facer o que comprometemos", di.
Desde este martes obras de Adif deixarán sen servizo a estación Vigo-Guixar e Renfe desviará en bus durante un ano ata Tui e Valença os viaxeiros a Ourense ou Porto. Os trens a Pontevedra ou Santiago sairán todos de Vigo-Urzaiz.
Falece aos 90 anos Manuel Caamaño Suárez, arquitecto, aparellador e profesor, referente na defensa da arquitectura popular galega , membro da Real Academia Galega, fundador do PSG ou de Adega e membro activo da Fundación Castelao ou da editorial Galaxia. Foto: CC-BY-SA De Santos Díez.
Principia na Audiencia Nacional o xuízo pola operación Kitchen, a presunta trama político-policial do Goberno do PP de Rajoy para roubar ao ex-tesoureiro do partido, Luis Bárcenas, documentación incriminatoria para a formación sobre financiamento ilegal, ademais doutras accións ilegais. O ex-ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, e o secretario de Estado de Seguridade daquel Executivo, Francisco Martínez, son os principais acusados. Na imaxe, Fernández Díaz visitando como ministro instalacións da Unidade de Policía adscrita á Xunta (2013) [CC BY-SA Xunta]
Falece Dora Carrera, unha das nais fundadoras e referente da asociación Érguete e da loita contra o narcotráfico. "Na maior das tristezas soñaches que se podía vencer os narcotraficantes, que se podían salvar os fillos e fillas afectados e vós gañastes. Levas ese orgullo a onde vaias. Levas a vitoria e nós quedamos co teu exemplo", despídea a entidade nunha emotiva mensaxe.
España, Portugal Italia, Alemaña e Austria piden á Comisión Europea un imposto aos beneficios das enerxéticas. Os ministros de Economía dos cinco Estados propoñen un gravame coordinado para minorar o impacto da guerra en Irán, segundo conta El País.