O xulgado de Viveiro ordena reabrir o caso Maruxaina, a investigación sobre vídeos de mulleres ouriñando na rúa que foron publicadas en webs pornográficos. O Tribunal de Instancia viveirense, informa o TSXG, "aplica a recente interpretación do Tribunal Supremo sobre o cómputo de prazos na Lei de Axuizamento Criminal", que permite seguir adiante coa instrución "nos doce meses seguintes á identificación dun novo investigado". Desta maneira, fai firme o arquivo ditado en xaneiro para un imputado sobre o que a xuíza non achou probas pero "ordena reabrir a causa co obxectivo de investigar outra persoa identificada a partir dun informe técnico"