O Tribunal de Instancia de Vilalba arquiva a causa na que se investigou a alcaldesa de Guitiriz pola cobranza de dietas. A xuíza explica no auto que a documentación achegada proba que asistiu a unha Xunta de Goberno Local de forma telemática mentres estaba de viaxe oficial en Portugal tras ser denunciada polo PP local.