Trump ameaza agora con que "unha civilización enteira vai morrer esta noite para nunca máis volver", en referencia a Irán. O presidente dos EUA proclama na súa rede social que "esta noite" será "un dos momentos máis importantes da longa e complexa historia do mundo" porque "rematarán 47 anos de extorsión, corrupción e morte" no país persa, ao que está a atacar canda Israel dende finais de febreiro á marxe da legalidade internacional.