Cesamento do fogo de dúas semanas nos ataques dos EUA contra Irán escasas horas despois de que Trump ameazase coa fin da "civilización" do país persa. O presidente estadounidense liga esta tregua á mediación de Paquistán e tamén o fan as autoridades iranianas, que ratifican que nestas dúas semanas o paso de mercadorías polo Estreito de Ormuz en condicións seguras será posible "en coordinación coas Forzas Armadas" do seu país: "Irán resistiu e impuxo o seu poder aos inimigos da paz", afirman. Na imaxe, do Ministerio de Exteriores do Irán, efectos dun bombardeo dos EUA e Israel contra unha universidade.