Yolanda Díaz ameaza a Xunta cos tribunais se pon en marcha o plan anunciado por Rueda para controlar as baixas laborais. A ministra de Traballo, de visita na Coruña, advertiu que sería "ilegal" e invadiría competencias do Estado. "Imos presentar un recurso de inconstitucionalidade se a medida se maerializa", dixo a membro do Goberno de España, que acusou a Rueda de cuestionar "a profesionalidade dos sanitarios e sanitarias públicos" e de "poñer en cuestión a súa propia xestión da sanidade galega".