Activada a alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego. O fenómeno meteorolóxico adverso estará activo desde media tarde deste sábado no noroeste e no oeste da provincia da Coruña e desde a medianoite no suroeste da Coruña e no litoral de Lugo e de Pontevedra, agardándose mar combinada de noroeste con ondas que poden acadar os seis metros, segundo Aemet.
A Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva federada e do programa Xogade no mar nos concellos afectados, que poden consultarse na web Deporte Galego. A Xunta lembra a importancia de manterse afastado da liña de costa, isto é, diques, rompentes e paseos marítimos. Tamén que se extremen as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e que se revisen os cabos e amarres das embarcacións.
[Foto: Xunta]