Os novos nomes de Galicia xa son oficiais. O DOG publica o Nomenclátor 2026 tras a súa aprobación definitiva polo Consello da Xunta e estará en vigor a todos os efectos dende mañá, 11 de abril. Trae consigo mudanzas na denominación dunha ducia de concellos, 182 parroquias e máis de dous mil lugares tras revisar a Real Academia Galega máis de 4.000 nomes.