O DOG publica o reparto dos 2 millóns de euros de subvención da Xunta para gastos de funcionamento das forzas políticas con representación parlamentaria, nas que participa por primeira vez Democracia Ourensana. O criterio para a repartición destas achegas públicas son os resultados das últimas eleccións galegas, nas que o PP obtivo 40 escanos, o BNG 25, o PSdeG 9 e DO, 1.
Fálase
Trump chama "ditador" a Zelenski e advírteo de que "quedará sen país" se non actúa "rápido". O presidente dos EUA asegura que está a "negociar con éxito" a fin da guerra en Ucraína. O presidente ucraíno acusara o seu homólogo estadounidense de vivir nunha "burbulla de desinformación". Foto: CC BY-SA Gage Skidmore
O libro Números, da editorial galega Fabulatorio, recibe unha mención especial nos Bologna Ragazzi Awards 2025, na categoría Toddlers –destinada a libros para nenos e nenas de 0 a 3 anos– destes premios, organizados pola Feira do Libro Infantil de Boloña e considerado o premio máis importante a nivel internacional no ámbito da literatura infantil e xuvenil. Ideada por Cibrán Rico e Suso Vázquez, con ilustracións de Álvaro Valiño, esta obra editada en nove idiomas permite un achegamento lúdico ao mundo dos números mediante a estimulación dos sentidos do tacto e da vista. [📸 © Fabulatorio]
As seleccións galegas de fútbol masculina e feminina volverán xogar neste 2025. Así o anunciou o presidente da Federación Galega, Pablo Prieto, nunha entrevista na Radio Galega na que adiantou tamén que o combinado galego de fútbol sala xogará contra Catalunya.
Adxudicado o estudo de viabilidade dunha conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago. Tras a súa paralización polo recurso dunha consultora, o traballo é encomendado polo Ministerio de Transportes á unión temporal de empresas Fulcrum Lugo y Santiago de Compostela por 357.857 euros e ano e medio de prazo de execución. O ministro Óscar Puente encadra o contrato no "impulso do tren e as estacións en Galicia". Na imaxe, vía férrea de Lugo á Coruña ao seu paso por Parga (Guitiriz) [CC BY-NC-SA Praza.gal]
- HEMEROTECA | O estudo para unha liña de tren Lugo-Santiago reactívase tras dous meses parado polo recurso dunha consultora
- HEMEROTECA | O tren Lugo-Santiago pasa de proposta política a estudo técnico aínda lonxe de ser real
- HEMEROTECA | O ministerio abre a porta a unha liña de tren máis "directa" Lugo-Santiago sen pasar por Curtis
A saúde do Papa Francisco empeora. Sofre unha pneumonía bilateral que se suma á bronquite que padece desde hai días e que o mantén ingresado nun hospital. As novas probas confirman o "cadro complexo" de Bergoglio. Foto: CC-BY-SA Long Thiên
O PSOE expulsa definitivamente catro dos seus concelleiros en Santiago. Ferraz ratifica a marcha de Gonzalo Muíños, Mercedes Rosón, Mila Castro e Marta Álvarez do partido, que negou a ampliación do prazo para alegacións, segundo informa Radio Galicia.
O espectáculo musical Mar Adentro, de Daniel Pereira Cristo coa colaboración de Xabier Díaz, abre o programa de Viana do Castelo como Capital da Cultura do Eixo Atlántico. Na cerimonia inaugural o presidente da Câmara Municipal de Viana do Castelo e actualmente tamén presidente do Eixo, Luís Nobre, recolleu simbolicamente o testemuño de Paula Alvarellos, alcaldesa dede Lugo, que exerceu esta capitalidade en 2023. O programa esténdese durante todo o ano e inclúe teatro, cinema, concertos, festivais de arte urbana, exposicións, actividades infantís e certames gastronómicos. Pódese consultar nesta ligazón [📸Américo Dias / Câmara Municipal de Viana do Castelo]
Macron cita este luns en París os mandatarios de oito Estados europeos, entre eles Pedro Sánchez, e a cúpula da UE para abordaren os plans de Donald Trump e Vladimir Putin sobre Ucraína. Ao encontro asistirán, ademais do presidente francés e o xefe do Executivo español, o alemán Olaf Scholz, o británico Keir Starmer, a italiana Giorgia Meloni, o polaco Donald Tusk, o neerlandés Dick Schoof e a danesa Mette Frederiksen, ademais da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen e o presidente do Consello Europeo, António Costa. Na imaxe, Macron con Sánchez e Costa, nunha xuntanza en Bruxelas en 2022 [© Pool Moncloa/Diego del Monte]
Queremos Galego concéntrase na Praza do Obradoiro unha semana antes da manifestación convocada baixo o lema Lingua vital xa! para o vindeiro domingo, 23 de febreiro, coincidindo co Día de Rosalía de Castro. [📸 Óscar Antón Pérez García]