A representación do persoal da CRTVG denuncia a emisión dunha reportaxe de "contido machista" que "cousifica e sexualiza" a muller e denuncia que a dirección négase a retirar o chío no que se aborda "como conseguir uns glúteos perfectos". As representantes de CUT, USO, CIG, CCOO e UGT na comisión negociadora do Plan de Igualdade denuncian "a reiteración deste tipo de contidos" nos medios públicos.
Fálase
Sae da UCI a muller agredida pola súa parella en Carballo logo de nove días en coidados intensivos. A vítima "evoluciona favorablemente" tras as agresións do home, que permanece en prisión e investigado por homicidio en grao de tentativa.
Inditex gaña 760 millóns no primeiro trimestre, un 80% máis, nos primeiros resultados da era Marta Ortega á fronte da multinacional téxtil.
Derrúbase parte do viaduto do Castro á altura do quilómetro 431 da autovía A-6 sen causar danos persoais. Esta ponte está pechada á circulación e en obras dende o verán de 2021 para reparar problemas estruturais. Na imaxe [© Ministerio de Transportes], a zona do derrubamento.
A primeira iniciativa de Feijóo como senador por designación do Parlamento de Galicia é unha pregunta a Pedro Sánchez sobre se "considera que o seu Executivo está á altura das necesidades das familias españolas". O líder do PP formúlaa no pleno do Senado que principia este martes.
O xuíz prohibe saír de España ao patrón do 'Villa de Pitanxo' tras a súa declaración como investigado pola súa presunta responsabilidade no afundimento do pesqueiro galego o pasado 15 de febreiro en Terranova, no que morreron 21 mariñeiros. O maxistrado da Audiencia Nacional retiroulle o pasaporte a Padín, que ten a obriga de comparecer cada quince días en sede xudicial.
EN VINTE | Oínte na rede. Os 100 artistas galegos máis escoitados en Spotify. VINTE preguntouse como andarían de oíntes os artistas galegos (collendo este concepto con amplitude) en Spotify e atopou algúns resultados curiosos. Podes lelo aquí
- HEMEROTECA (2021)| CantáMola en galego: unha exposición para un fervedoiro de músicas actuais
- HEMEROTECA (2015) | Sés, Ataque Escampe e Heredeiros da Crus, estrelas galegas do Spotify
O Racing de Ferrol perde 0-1 ante o Nàstic de Tarragona e queda eliminado da fase de ascenso a Segunda División. Este sábado o Deportivo si logrou o pase á súa final, que xogará o vindeiro sábado contra o Albacete.
O Deportivo gaña 4-0 ao Linares e clasifícase para a final das eliminatorias de ascenso a Segunda División, que xogará o vindeiro sábado contra o Albacete tras gañar este 2-1 ao Rayo Majadahonda en Balaídos.
Unha manifestación convocada por máis de douscentos colectivos reclama este domingo en Santiago un novo modelo de desenvolvemento da enerxía eólica. O xoves Pontón e Formoso, líderes de BNG e PSdeG, propuxeron participación pública fronte á “especulación” privada, e o martes as principais organizacións ecoloxistas acusaron á conselleira de Medio Ambiente de ocultar o impacto do sector eólico.