A Xunta cesa a ex-secretaria xeral de Medios e principal asesora de Feijóo, Mar Sánchez Sierra, como unha das catro representantes da Xunta no consello de administración do porto da Coruña. Substitúea o actual vicepresidente segundo do Goberno galego, Diego Calvo. Sánchez Sierra incorporouse o pasado verán ao gabinete do ex-presidente na dirección estatal do PP.
