A extrema dereita vence nas eleccións italianas. A coalición de dereitas encabezada polos posfascistas de Fratelli d'Italia (26%) logra en conxunto o 44% dos votos e está en condicións de que Giorgia Meloni sexa a vindeira primeira ministra. Nuns comicios marcados pola baixa participación, a menor da serie histórica, a alianza das esquerdas encabezada polo Partido Democrático (19,16%) queda en apenas o 26% dos votos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/uploads/2022-fratelli-ditalia-935-1046e95.jpeg)