"En Galicia imos seguir baixando impostos, que é o que quere a xente. É o que serve para darlle cartos ás empresas, ás familias, a todo o mundo", asegurou Alfonso Rueda este domingo nun encontro con militantes do Partido Popular en Mos. "Temos a maior cantidade para gastar que tivemos nunca e o que temos que ter é sentidiño para pensar a quen lle fai máis falta que o axudemos", engadiu, dous días despois de anunciar unha rebaixa ao 50% do imposto de patrimonio, que pagan só os 8.000 galegos e galegas máis ricos. [Na imaxe, o presidente da Xunta esta mañá na procesión do Santísimo Cristo da Agonía CC-BY-SA Conchi Paz/Xunta].
