Este sábado desenvólvese na Coruña a segunda xornada do XXI Simposio da Rede Renda básica. As sesións desenvólvense no paraninfo da Universidade da Coruña e pódense seguir tamén ao vivo a través de internet. Dúas delas están moderadas por María Yáñez, directora de VINTE (Renda Básica e cultura como proxecto de vida), e mais por David Lombao, director de Praza.gal (A renda ou a vida: conversa sobre Renda Básica). Praza colabora coa organización deste simposio.
Fálase
A ponte de Todos os Santos principia este sábado en Galicia con avisos amarelos por chuvia e vento nas provincias da Coruña e Pontevedra e boa parte do litoral Atlántico, así como na Mariña e en áreas montañosas de Lugo e Ourense, segundo informa MeteoGalicia
A Xunta asegura que “nunca” apoiará “a supresión de servizos” ferroviarios en Galicia tras xustificar a que Rajoy aplicou en 2013. Hai unha década o Goberno de Feijóo considerou o peche de estacións e a desaparición de trens un “axuste” ou “racionalización” de servizos.
A CIG volve denunciar, como xa fixera CSIF, a demora de máis de sete anos da Xunta en suprimir un ente paralelo, que está supoñer máis soldo para a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.
O PP volve bloquear a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, que leva catro anos con mandato caducado. A dirección de Feijóo alega que agora o fai porque o Goberno de España pretende diminuír as condenas por sedición e o PSOE coida que o ex-presidente da Xunta atende os ditados da "dereita máis reaccionaria" para manter o bloqueo deste poder do Estado. Coa actual normativa, a participación dos conservadores é imprescindible nesta renovación. Na imaxe, Pedro Sánchez recibe a Feijóo na Moncloa o pasado 10 de outubro para tratar a renovación do Poder Xudicial despois da dimisión do presidente do Consello, Carlos Lesmes. [© Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa]
Rueda defende que o seu Goberno ten "moitas cousas en común" co de Madrid e afirma compartir con Isabel Díaz Ayuso un "modelo de xestión" baseado na "xestión seria e estable" e nas "rebaixas de impostos para paliar a incerteza". O presidente da Xunta afirmouno durante unha visita da presidenta da comunidade madrileña a Ordes, onde afirmou que estes principios se reflicten nos orzamentos de ambos gobernos para 2023, con "gran contido social". [Imaxe: CC BY-SA David Cabezón]
O Banco Central Europeo volve incrementar os tipos de xuro, desta volta noutros 0,75 puntos e sitúaos no 2% tras mantelos máis de media década ao 0%. O BCE volve argumentar que o fai para tentar conter a inflación e avanza que aplicará novos incrementos, contribuíndo a continuar encarecendo moitas hipotecas e os préstamos para a cidadanía e as empresas, así como o financiamento para as institucións públicas. Na imaxe, Christine Lagarde e Luis de Guindos na comparecencia ante a prensa na que anunciaron a decisión [CC BY-NC-ND ECB]
O Congreso rexeita as emendas de devolución dos Orzamentos Xerais do Estado formuladas polo PP, Vox, Junts, CUP, Foro Asturias e os dous deputados expulsados de UPN. As contas estatais para 2023 seguen adiante coa súa tramitación tras decaer os vetos con 186 votos en contra, 159 a prol e 3 abstencións. [Foto: © Congreso]
EPA | A poboación ocupada aumentou en 8.500 persoas en Galicia durante o terceiro trimestre do ano e chega aos 1,12 millóns, o que supón un 0,77% máis que no trimestre previo, un incremento superior á media estatal (+0,38%), e un 0,11% máis que hai un ano (+2,57% na media). No mesmo trimestre, a poboación en desemprego diminuíu en 4.600 persoas ata quedar nunhas 134.800, isto é, un -3,30% trimestral mentres que na media estatal aumenta un 2,08% por subas superiores ao 10% en territorios como Murcia, Asturias ou Madrid. O total de persoas en paro é en Galicia un 6,42% superior ao de hai un ano e na media estatal rexístrase unha diminución interanual do -12,78%.
Un neno de 13 anos morre ao caer a parede dun vestiario no IES Julio Prieto Nespereira de Ourense, segundo informa o 112. Outro estudante resultou ferido leve. O caso recaeu no xulgado número 3 da cidade, en funcións de garda, que ademais de autorizar o levantamento do cadáver do menor falecido e a realización da autopsia, deu orde de precintar a zona e fotografala e encargou xa un informe técnico sobre o estado do muro, segundo confirma o TSXG.