O PP volve bloquear a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, que leva catro anos con mandato caducado. A dirección de Feijóo alega que agora o fai porque o Goberno de España pretende diminuír as condenas por sedición e o PSOE coida que o ex-presidente da Xunta atende os ditados da "dereita máis reaccionaria" para manter o bloqueo deste poder do Estado. Coa actual normativa, a participación dos conservadores é imprescindible nesta renovación. Na imaxe, Pedro Sánchez recibe a Feijóo na Moncloa o pasado 10 de outubro para tratar a renovación do Poder Xudicial despois da dimisión do presidente do Consello, Carlos Lesmes. [© Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa]
