Segunda morte no traballo en Galicia en apenas vinte e catro horas. Tras o falecemento, este martes, dun traballador esmagado por un eucalipto no alto da Curota, entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal, o 112 confirma a morte dun operario dunha canteira en Mondoñedo ao precipitarse por un desnivel coa máquina que manexaba. Ata finais de abril xa morreran cando menos 13 persoas traballando no noso país. Na imaxe, mobilización sindical en Vigo o pasado abril.
