29N Os concellos elixen os membros das mesas electorais para os comicios do 29N e a Xunta Electoral Central activa a plataforma para que a cidadanía con impedimentos e escusas xustificadas -segundo a normativa vixente- poida tramitar a dispensa a acudir. Este luns celebráronse plenos para sortear as mesas en concellos como A Coruña e Lugo; os consistorios teñen como límite ata o vindeiro mércores, día 4, para o facer. [Imaxe: © Concello da Coruña]